domingo, 3 de octubre de 2021

PARTRIDO CD AS PONTES 1- ATL. CORUÑA 2 DOMINGO 26 SEPTIEMBRE 2021

Trala complicada campaña anterior, debutaba o As Pontes esta tarde no Campo do Poboado ante un dos máis favoritos ao ascenso, xunto a Sarriana, o Montañeros, que conta con Herbert, Rubén Rivera, Lazcano, Toni, Kevin, ou o ex pontés Kata, entre outros.
Adiantabanse os locais cun tanto do ferrolán Julián Nieto, pero pronto empataban os visitantes por medio de Charly. Antes do descanso chegaba a xogada polémica do encontro, pois os locais reclamaron un penalti sobre Vilela, no que ademáis foi expulsado o xogador por protestar.
Tivo que remar a contra corrente o equipo azul todo o segundo tempo, e a piques estivo de salvar un punto, pero faltando dez minutos, nunha contra levada polo gran Rubén Rivera, despexa como pode Montes en primeira instancia, chega outro centro desde a zona de córner, nin Paco nin o visitante Toni atinan co balón, que queda morto na área, e o veciño xogador de Vilalba, Currás, marca a porta baleira o 1-2 definitivo.
Continúan cun punto os de Rafa Casanova antes de visitar ao Atletico Escairón, equipo que ten a mesma puntuación. Xogaron Paco, Otero (Criado 65´), Berto, Rey (Jaime 80´), Montes, Traba, Bellas, Vilela, Yáñez (Moreda 71´), Toni, Julián. Xose Ferreiro












































































































































































































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada destacada

6ª prueba copa iberica etg as popntes 23-24 octubre 2021